InicioSucesosUn incendio destrúe unha vivenda unifamiliar en Lugo a poucos metros dunha...

Un incendio destrúe unha vivenda unifamiliar en Lugo a poucos metros dunha gardaría

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio que se produciu á primeira hora da mañá deste mércores nunha vivenda unifamiliar nas inmediacións da Avenida Vila Verde, na cidade de Lugo, mobilizou aos Bombeiros da cidade e á Policía Local.

Dáse a circunstancia de que a casa incendiada está situada a apenas uns metros do peche perimetral da gardaría Gregorio Sanz, aínda que as chamas non chegaron a achegarse ás instalacións municipais.

Para sufocar o lume, os Bombeiros de Lugo desprazaron ao lugar dous camións e a Policía Local cortou a rúa para evitar riscos e facilitar o traballo dos efectivos. O incendio deixou practicamente destruída a casa, aparentemente deshabitada.

A fumareda provocada polo mesmo podía verse desde a zona de San Cibrao, onde se atopa o HULA, e o fume era claramente perceptible nas zonas sur e leste da cidade.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...