InicioMedioambiente e PatrimonioAtopan a primera inscrición romana da provincia de Lugo esculpida nunha rocha

Atopan a primera inscrición romana da provincia de Lugo esculpida nunha rocha

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colectivo Patrimonio dos Ancares acaban documentar o que sería a primeira inscrición gravada en pedra da provincia de Lugo. Nela aparece a palabra latina IOVI, clara referencia ao deus Xúpiter, a deidade principal do panteón romano que na mitoloxía era considerado como o pai dos deuses. 

A súa localización tivo lugar na Pena de Murias, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna, un gran afloramento de cuarcita situado a media ladeira da Serra do Brañal, a 1.125 metros de altitude, asociado a unha explotación mineira de época romana que se levanta na marxe dereita do río de Murias, a carón do camiño que vai cara a Braña de Pandozarco e do Porto de Ancares. Ata agora só había tres deste tipo de inscricións documentadas en Galicia, as tres delas, en Ourense. Máis información en Historia de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...