InicioDeportesO piloto lucense Jorge Prado, imparable no GP de Rusia

O piloto lucense Jorge Prado, imparable no GP de Rusia

Lidera o campionato de motocross con 347 puntos, 20 máis que Olsen e 90 de marxe sobre Geerts.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O piloto lucense Jorge Prado (KTM) logrou este domingo a vitoria nas dúas mangas de MX2 do Gran Premio de Rusia de motocrós, disputadas no circuíto de Orlyonok, para seguir fronte do Mundial no que defende o título.

O galego impúxose na primeira manga tras unha remontada épica, e na segunda dominou con autoridade de principio a fin. Jorge Prado superou nas dúas ao danés Thomas Kjer Olsen (Husqvarna) e ao belga Jago Geerts (Yamaha).

Prado gañou trece das catorce carreiras que disputou até a data. Só se lle escaparon as dúas de Gran Bretaña, ás que non puido acudir, e a primeira do Gran Premio de Francia, na que acabou segundo. Lidera o campionato con 347 puntos, 20 máis que Olsen e 90 de marxe sobre Geerts.

O tamén español Iker Larrañaga (KTM) foi vixésimo terceiro na primeira manga e undécimo na segunda. A seguinte cita do Mundial é o fin de semana que vén na pista letona de Kegums, escenario da novena cita do calendario.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...