InicioCulturaO dispositivo de seguridade para o Arde Lucus triplicará os reforzos da...

O dispositivo de seguridade para o Arde Lucus triplicará os reforzos da Policía Nacional en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este xoves a xunta de seguridade local extraordinaria no Concello de Lugo de cara á preparación do Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade que cada ano reúne a miles de persoas durante unha fin de semana do mes de xuño.

Para a festividade, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño, triplicaranse os reforzos da Policía Nacional na cidade de Lugo, onde volverán usarse os vehículos das forzas de seguridade como “parapetos” disuasorios nas rúas máis concorridas, unha medida que comezou a usarse tras os atentados de Barcelona do verán de 2017.

Deste xeito, Rodríguez indicou que o dispositivo de seguridade para o Arde Lucus –Festa de Interese Nacional– “será similar ao doutros anos, con reforzos por parte da Policía Local e por parte da Policía Nacional con reforzos da Coruña“.

A subdelegada en Lugo estimou que “se van case triplicar os reforzos da Policía Nacional”, aínda que non concretou o número exacto de efectivos “porque están pendentes co programa do Arde Lucus de confeccionalo para os distintos días” da celebración.

“Vai haber seguridade cidadá de paisano tamén reforzados e coches policiais reforzados“, concluíu Isabel Rodríguez, que copresidiu a reunión coa rexedora en funcións, Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...