InicioCulturaE se chove no San Froilán... que chova

E se chove no San Froilán… que chova

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo deu a coñecer este mércores o cartel anunciador do San Froilán 2019, tras a reunión dun xurado profesional no Salón de Plenos da Casa Consistorial. A obra, Festexando aínda que chova, presentada por José Carlos Campo López foi a gañadora do cartel do San Froilán e o traballo O San Froilán baixo a lúa, do que é autora Galir Macía Lóez, o gañador do San Froilán Miúdo.

Tras a votación popular nas redes sociais, un xurado cualificado composto pola directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Esther Muñoz, a deseñadora gráfica de Horta Garfik, Sabela Díaz, e a artista plástica Anuska, escolleron os deseños gañadores. Nesta edición presentáronse un total de 39 traballos ao concurso do cartel do San Froilán, 20 máis que o pasado ano, e para o San Froilán Miúdo, 62 obras.

O gañador do deseño do cartel do San Froilán recibirá como premio un importe de 2.000 euros e a galardoada no San Froilán Miúdo un premio adaptado a súa idade, por valor de 300 euros.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...