Home Lugo e contorna Lugo O BNG, clave para a conformación do goberno en Lugo

O BNG, clave para a conformación do goberno en Lugo

0
O BNG, clave para a conformación do goberno en Lugo
Rubén Arroxo | Cedida

A alcaldesa socialista Lara Méndez poderá continuar na Alcaldía de Lugo, cando está xa o 98% dos votos escrtuados. E, nesta ocasión, podería chegar a un pacto de goberno co BNG. Os nacionalistas experimentaron un forte ascenso que os sitúa cun pé na concello.

O PSdeG obtivo os mesmos oito concelleiros de hai catro anos. E, a pesar da suba de nove a dez concelleiros, os populares volven a quedar fóra do consistorio municipal xa que o seu posible socio, Ciudadanos, volveu quedar cos mesmos resultados de hai catro anos, dous edís.

Lugo, que foi unha das cidades con máis atomización política estes catro anos, con seis forzas políticas no concello, quedou agora con tan só catro, tras a debacle de Lugonovo, Unidas Podemos e EU que se presentaron por separado. Un feito que se repetiu noutras grandes cidades galegas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here