InicioSucesosCondenado a oito anos de cárcere un home que tentou asasinar o...

Condenado a oito anos de cárcere un home que tentou asasinar o seu cuñado cunha fouce en Lugo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto por un home que fora condenado a oito anos de prisión pola Audiencia Provincial de Lugo por tentar asasinar o seu cuñado cunha fouce no barrio de Cimadevila da capital lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto por un home que fora condenado a oito anos de prisión pola Audiencia Provincial de Lugo por tentar asasinar o seu cuñado cunha fouce no barrio de Cimadevila da capital lucense.

Tal como recolle o TSXG na súa sentenza, os feitos ocorreron en agosto de 2016, cando a vítima se atopaba arranxando un pozo e o acusado propinoulle por detrás un golpe cunha mangueira tras o cal lle dixo: “Voute matar”. Instantes despois, cando o seu cuñado se atopaba no interior do portal da súa casa, atacouno cunha fouce.

Os maxistrados da Audiencia Provincial de Lugo xa destacan no seu escrito que o condenado actuou “con ánimo de acabar coa súa vida”, pois a agresión produciuse “por detrás” e a vítima non puido reaccionar.

“Asestoulle un golpe na zona da caluga coa parte cortante da fouce provocando que caese ao chan a consecuencia do violento golpe sufrido, propinándolle a continuación unha patada e abandonando o lugar de maneira inmediata”, explicaba a sentenza do tribunal provincial, tal como recolle o TSXG.

Como consecuencia da agresión, o afectado ten como secuelas dores cervicais, limitación da mobilidade da columna e unha cicatriz na cabeza.

Desta maneira, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación, polo que mantén a condena de oito anos de prisión, así como a prohibición de comunicarse e aproximarse ao seu cuñado durante 15 anos. Ademais, terá que pagar unha indemnización á vítima de case 29.170 euros, así como 1.800 euros ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo dentro do cinco días seguintes ao da última notificación que da mesma se faga ao Ministerio Fiscal, á representación das demais partes e ao propio acusado.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...