InicioLugo e contornaLugoLugonovo aposta por “sentidiño e vontade de traballo” para facer un Lugo...

Lugonovo aposta por “sentidiño e vontade de traballo” para facer un Lugo “para as persoas”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato de Lugonovo á Alcaldía de Lugo, Xosé Chorén, identificouse este mércores cos problemas “do día a día” que sofre a cidadanía luguesa. “Eu tamén vivo aquí e sei o que pasa”, asegurou ao tempo que ofrecía como fórmula para facer un Lugo máis grande  unha “candidatura plural e con sentidiño, de veciñas e veciños responsables con vontade de traballar pola cidade”.

Lugonovo celebrou esta tarde o seu mitin central da campaña coa participación ao longo do evento de preto de 300 veciñas e veciños. Un evento no que Chorén insistiu no “Lugo para as persoas” e “nun concello ben xestionado”. Acompañárono durante o mitin central de campaña, a nº2 Cristina Pérez, que destacou os “catro anos de traballo como formiguiñas”. “Un labor moitas veces silencioso pero constante e efectivo”, suliñou. Tamén estivo arroupando ao líder de Lugonovo, o voceiro de En Marea, o lucense Luís Villares, volcado na provincia nesta campaña electoral. “Temos que conseguir un goberno valente para a cidade”, suliñou durante a súa intervención.

Pola súa banda, Chorén tivo palabras para todo tipo de colectivos sociais, defendendo que o goberno de Lugonovo será “o da cidade para as persoas, en igualdade de condicións”, prometendo poñer nas prioridades da axenda municipal a accesibilidade, unha visión de xénero no deseño da cidade e unha concepción do urbanismo “pensado para que a cidade sexa habitable no día a día”.  

Tamén Luís Villares reclamou “como veciño” un “ goberno local valente e capaz de cumprir coas expectativas”. Un goberno que “promova vivenda pública, que saiba chegar a acordos, que mire pola xente moza e non por pelexas partidistas”. Unha administración “sensible á cidadanía de Lugo”, “dinámica”, que aposte polo emprendemento “a través dun viveiro municipal de empresas” cun “proxecto de cidade valente”.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...