InicioDeportesTito Díaz: "Seguimos vivos"

Tito Díaz: “Seguimos vivos”

O primeiro adestrador de Breogán adiantou que Sergi Quintela volve á convocatoria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, lembrou a baixa de Ray McCallum até final de tempada e, “a día de hoxe” a Daniel Ochefu, “que di que ten dor e non pode adestrar”. En cambio, Alec Brown “adestrou con normalidade” e “vai poder xogar”. Tamén adiantou que Sergi Quintela “volve porque as características de Andorra son diferentes”.

“Seguimos vivos a falta de dúas xornadas”, lembrou o adestrador lucense. “Vexo o equipo enteiro e moi ben”, resumiu.”É un equipo moi físico, apreta moitísimo en defensa, presionan as liñas de pase”, comentou. Explicou que hai que ter “ritmo de partido”, “circulación de balón” e “rebote”, así como “xogar coma equipo, con circulación de balón, un partido moi serio en ataque”.

MoraBanc Andorra, rival de Breogán o sábado 18 de maio ás 20:30 horas, é “un equipo moi forte na súa pista”,

 

ÚLTIMAS

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar...

A ausencia de tres deputados do PSdeG díscolos con Tomé fan que perda votacións no pleno provincial de Lugo

O PSdeG perdeu votacións no pleno da Deputación de Lugo celebrado na mañá deste...

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo a varios menores

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home, investigado por...

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...