Home Sen categorizar Licitadas as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo

Licitadas as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo

0
Licitadas as obras de restauración do cubo  XXXI da Muralla de Lugo
Muralla de Lugo á altura da Porta do Carme ou Porta Miñá / EP
A Consellería de Cultura e Turismo sacou a licitación as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo -situado á altura da Rúa Clérigos- por un importe de 146.500 euros, un proxecto co que se pretende consolidar a estrutura para acabar cos desprendementos que veñen producindo nesa parte do monumento romano.
Os traballos, que terán un prazo de execución de dous meses, buscan atallar “algunhas patoloxías”, sinala a Xunta de Galicia, como “a filtración de humidades e a acumulación de auga que presiona sobre o muro interior”. Para iso, haberá que realizar unha escavación arqueolóxica manual no adarve ata a cota orixinal romana.
A escavación tamén permitirá restaurar, documentar e protexer a escaleira de acceso, así como a estrutura do cubo. Así mesmo, o seguimento arqueolóxico da obra tamén inclúe a realización de dúas catas para definir o trazado orixinal da cota romana, documentar a escaleira e realizar o levantamento topográfico e a fotogrametría 3D desa estrutura.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here