InicioLugo e contornaLugoA candidata de Ciudadanos para a alcaldía de Lugo di que baixará...

A candidata de Ciudadanos para a alcaldía de Lugo di que baixará 1.200 euros o soldo de alcaldesa

Olga Louzao destacou que as persoas que integran a lista proceden de distintos ámbitos da sociedade, aínda que todos cun "perfil claro": "Somos xente de Lugo que non vimos á política a lucrarnos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata de Ciudadanos á alcaldía do Concello de Lugo, Olga Louzao, anunciou este mércores que, se consegue facerse co bastón de mando, baixarase 1.200 euros o soldo e limitará a dous os seus mandatos como máximo: “Non vin á política para lucrarme”, sentenciou.

Así o dixo durante a presentación dos nomes que a acompañarán na súa lista para as eleccións municipais do próximo 25 de maio, na que se rodea de “xente nova, con formación, experiencia profesional e preparada para tomar as rendas do próximo goberno municipal” tras “a parálise e o caos dos últimos anos no Concello de Lugo”.

O cinco primeiros da lista de Ciudadanos serán, ademais de Olga Louzao, que xa encabezara a candidatura de Ciudadanos hai 4 anos, o actual coordinador da agrupación local da formación en Lugo, o avogado Juan Vidal-Pardo, como número dous; a traballadora social Eloina Ingerto, coordinadora territorial en Galicia da Fundación Juan Soñador, que ocupará o número tres; o actual concelleiro Jesús Expósito, que irá de cuarto; e Jacobo Vázquez, avogado con despacho na cidade de Lugo desde hai 15 anos e que será o número cinco.

Olga Louzao destacou que as persoas que integran a lista proceden de distintos ámbitos da sociedade, aínda que todos cun “perfil claro”: “Somos xente de Lugo que non vimos á política a lucrarnos”, subliñou.

PROPOSTAS

Por iso, Olga Louzao avanzou que, se é alcaldesa de Lugo reducirase o solto un 25% con respecto ao que hoxe cobra Lara Méndez, “o terceiro rexedor mellor pagado de toda Galicia”, cun salario bruto de 67.000 euros anuais, dixo a representante de Cidadáns.

“O primeiro que fixo Lara Méndez ao chegar á alcaldía foi subirse o soldo 600 euros con respecto ao que cobraba Orozco, e eu, se chego á Alcaldía, baixareino 1.200 euros, porque o primeiro que ten que facer unha alcaldesa é dar exemplo, e paréceme indecente cobrar 4.800 euros cando hai neste momento 6.000 persoas na cidade de Lugo no paro porque non atopan traballo”, argumentou.

Olga Louzao comprometeuse tamén a estar só dous mandatos no cargo porque, dixo, “Cidadáns é partidario da limitación de mandatos e da renovación nos cargos públicos para que entre aire fresco nas institucións”.

ÚLTIMAS

Excarcerado un condutor tras saír da vía co seu vehículo en Begonte

Un condutor tivo que se excarcerado tras saír da vía co seu turismo na LU-541,...

A Deputación de Lugo lanza unha aplicación gratis de emprego para conectar oferta e demanda na provincia

A Deputación de Lugo lanzou unha aplicación de móbil gratuíta co obxectivo de facilitar o contacto...

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...

Lugo mellora os datos de reciclaxe e aposta por ampliar a compostaxe doméstica

A reciclaxe de envases lixeiros propios do colector amarelo aumentou na cidade de Lugo...