InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación será a primeira administración española en premiar a economía sostible

A Deputación será a primeira administración española en premiar a economía sostible

Os empresarios que realicen un aproveitamento sostible na Serra do Xistral recibirán compensacións económicas de Deputación e universidades

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xornal da Mariña | A Deputación de Lugo vén de presentar á Xunta de Galicia o proxecto Life In Common Land, un programa de colaboración europeo liderado polo ente provincial para desenvolver medidas de aproveitamento sostible na Serra do Xistral. Este proxecto, centrado na xestión gandeira e a conservación dos hábitats naturais nos montes comunais, superou o primeiro ano de vida.

O vicepresidente provincial e deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, trasladou o balance inicial durante o primeiro encontro de traballo coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo. Life In Common Land está dotado con dous millóns de euros, dos que 1,4 millóns proceden de fondos europeos; do restante, 212.000 euros da Deputación, 198.000 da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e 100.000 da Universidade da Coruña (UdC).

As zonas de especial protección, como a Serra do Xistral, contemplan certas limitacións de uso e aproveitamento do territorio, que veñen impostas pola normativa vixente. Así, o obxectivo é ofrecer solucións a estas limitacións e mellorar a produción gandeira e forestal, empregando modelos de aproveitamento baseados nas experiencias dos usuarios dos montes, a fin de dotar o rural de oportunidades.

Once comunidades de montes

Xuntanza do proxecto Life In Common Land | Deputación de Lugo
Xuntanza do proxecto Life In Common Land | Deputación de Lugo

A particularidade de Life In Common Land é que serán os usuarios e propietarios os encargados de aplicar na Serra do Xistral as distintas medidas para o aproveitamento sostible deste espazo. Avaliado o cumprimento os obxectivos fixados, os empresarios recibirán compensacións económicas. Isto converterá a Deputación de Lugo na primeira administración en España en premiar economicamente as boas prácticas ambientais para a conservación dos hábitats protexidos.

O Life In Common Land ten un prazo de cinco anos para acadar melloras nunha extensión de preto de 6.000 hectáreas no Xistral, parte da Rede Natura 2000. Está previsto que as actuacións afecten aos termos municipais de Muras, Abadín, O Valadouro, Ourol e Viveiro.

Innovación nos sistemas agroforestais para acabar cos incendios

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

Detidas catro persoas en Lugo que trataban de ocupar unha vivenda a través dun oco na porta

A Policía Local de Lugo interceptou o pasado domingo a catro persoas que trataban...

Detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías que acudiron porque molestaba a clientes dun bar

Un home foi detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías...