InicioSucesosDetidos en Vilalba tres individuos con material roubado en Outeiro e Lugo

Detidos en Vilalba tres individuos con material roubado en Outeiro e Lugo

Os tres asaltantes dunha empresa forestal de Lugo foron interceptados en Vilalba cos efectos subtraídos do campo de fútbol de Outeiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a tres individuos na cabeceira da Terra Chá catro horas despois de roubar nunha empresa do ámbito forestal. Segundo o relato do Instituto Armado, contra as 6.30 horas deste martes foron interceptados en Vilalba os presuntos autores dun delito de roubo perpetrado en Lugo ás 2.30 horas, consistente no asalto a unha empresa do eido forestal.

Os detidos accederan á nave industrial forzando o bombín da porta. Eran os mesmos que roubaran na madrugada do día 15 no campo de fútbol de Outeiro de Rei, onde saquearan a cafetería e as oficinas do club. Os axentes encargados da investigación identificaron a estas tres persoas circulando pola capital chairega, a bordo dun turismo no que localizaron diversas ferramentas empregadas habitualmente por delincuentes na comisión de roubos con forza.

Pés de cabra, cisallas e pasamontañas

Así, entre o material intervido constan dous pés de cabra, martelos, cisallas e lanternas. Tamén portaban luvas e pasamontañas, “coa suposta finalidade de evitar ser recoñecidos por testemuñas ou cámaras de seguridade”, abundaron fontes da Garda Civil.

Oculto no maleteiro do vehículo atoparon un ordenador portátil e a caixa de caudais que faltaba no campo de Outeiro, con máis de trescentos euros en efectivo. Esta contía representa a totalidade do roubado e foi devolto aos propietarios polas forzas da orde.

En relación con estes feitos, os tres detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A portavoz local do PP e líder do partido na provincia, Elena Candia, converteuse...

Tensión entre partidarios e detractores da moción de censura na saída do pleno de Lugo

Os simpatizantes dos diferentes partidos políticos, por unha banda os de esquerdas e polo...

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...