InicioTerra CháMurasMuras será o centro da terceira etapa da Volta a Galicia e

Muras será o centro da terceira etapa da Volta a Galicia e

Os ciclistas sairán desde Muras cara ao Alto da Gañidoira, pasando despois polos concellos do Valadouro, Alfoz e Mondoñedo, para volver cara a Muras por Abadín e Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Muras será saída e meta da terceira etapa da XIX  Volta a Galicia, que se disputará o vindeiro 18 de setembro cun  percorrido de 150 quilómetros polas estradas da Mariña e a Terra Chá.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o alcalde de Muras, Manuel  Requeijo, acompañados por representantes da Federación Galega de  Ciclismo (FGC), visitaron este xoves un dos puntos máis elevados da  ruta, o Alto da Amosa, a escasos dez quilómetros da meta da etapa, “a  máis longa e esixente da Volta”, segundo explicou o director da proba,
Jacobo Ucha.

Os ciclistas sairán desde Muras cara ao Alto da Gañidoira, pasando  despois polos concellos do Valadouro, Alfoz e Mondoñedo, para volver  cara a Muras por Abadín  e Vilalba.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, destacou as condicións que ofrece  a zona para “que se vexa unha proba espectacular a nivel deportivo” e  sinalou tamén a potencialidade do ciclismo para “dar a coñecer a riqueza  paisaxística e os recursos turísticos do interior da Mariña e da Terra  Cha”.

Nese senso, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, incidiu no dinamismo  que o paso da Volta a Galicia xenerará “na hostelería” e tamén “no  coñecemento do concello a nivel turístico”. Explicou tamén que a  decisión de acoller este tipo de eventos deportivos responde a unha inquedanza da veciñanza máis nova do municipio.

A área de Deportes achega 10.000 euros para a organización da etapa  lucense da Volta a Galicia,  un escaparate para ciclistas das categorías  Elite e Sub 23, que preparan o seu salto ao ciclismo profesional. Nesta  dezanove edición, da que se disputaron dúas etapas en Ponteareas e que  concluirá cunha cuarta en Cariño, participan 17 equipos da Península.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...