InicioSociedadeNovas xeracións de emprendedores contra o despoboamento no rural

Novas xeracións de emprendedores contra o despoboamento no rural

O Campus de Emprendemento Sostible ofreceu a 30 alumnos do IES Terra Chá José Trapero Pardo formación e a oportunidade de visitar iniciativas de éxito nas Terras do Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

O VI Campus de Emprendemento Sostible rematou oficialmente coa entrega de diplomas aos 30 alumnos participantes no IES Terra Chá José Trapero Pardo. Do acto participou a directora e o profesorado do centro, así como o deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, en representación da Deputación, organizadora dun programa que posibilitou a creación de 21 empresas nas anteriores edicións.

No instututo de Castro Ribeiras de Lea, trinta estudantes de entre 18 e 50 anos recibiron formación e puideron visitar as instalacións de exitosas iniciativas empresariais emprazadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Os participantes están a cursar ciclos formativos de Técnico superior en xestión forestal e medio natural e de Técnico superior de paisaxismo. 

Tal e coma explicou o emisario provincial, “esta iniciativa pioneira xera novas oportunidades no rural como saída laboral”, fomentando a creación de emprego como alternativa ao despoboamento. “Na Reserva da Biosfera Terras do Miño existen oportunidades de negocio sostibles que poden xerar riqueza na nosa provincia, e que vos poden permitir vivir no noso territorio”.

Ideas para empresas respectuosas co medio ambiente

Os estudantes realizaron cursos de motivación, xeración e maduración de ideas empresariais. A través da formación ofrecida pola Deputación, coñeceron tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, presentadas no Campus coma exemplo de boas prácticas coa contorna e coas xeracións do futuro. Afondaron asemade na viabilidade comercial, financeira, técnica e legal dun negocio.

Como colofón, os participantes visitaron as instalacións de empresas exitosas que, ubicadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño, están a revitalizar o rural lucense. No Corgo, tiveron a oportunidade de coñecer a un artesán que participou nestes Campus hai dous anos e agora dedícase ao cultivo e transformación de cabazas, que emprega para deseñar e comercializar lámpadas, artigos de decoración e complementos.

Rematado o VI Campus, ofrecéronse titorías para prestar asesoramento personalizado ao alumnado que, baseándose no desenvolvido no programa provincial, desexou continuar o traballo de maduración de ideas.

Preto de 500 participantes e 21 empresas creadas

Dende a posta en marcha do Campus de Emprendemento Rural, medio milleiro de persoas de todas as idades recibiu formación de balde que, no tempo, supuxo a creación de 21 novas empresas na provincia de Lugo. Estas son:

A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fernández Díaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Príncipe (Cervantes); Explotación Extensiva de Gando Vacún (Sarria); Abadía (Mondoñedo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondoñedo); Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerreá); Artesanía Calabazas Mago de Luz (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caserío Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, más que electricidad (Lugo); e Hotel Os Ancares (Becerreá).

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...