InicioSucesosUn veciño de Castroverde conducía borracho, coa ITV caducada e sen carné...

Un veciño de Castroverde conducía borracho, coa ITV caducada e sen carné nin seguro

O home, de 61 anos, circulaba pola estrada de noite a pesar do toque de queda que impide saír sen xustificación entre as 23:00 e as 06:00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga un veciño de Castroverde como suposto autor dun delito contra a seguridade vial no termo municipal do Corgo. O home, de 61 anos, foi interceptado mentres conducía de noite a pesar do toque de queda. Ademais, ía borracho, coa ITV do vehículo caducada, co carné de conducir retirado e sen seguro obrigatorio.

O investigado foi sometido a unha proba de detección alcohóica, na que o resultado foi de 0,59 mg/l en aire aspirado. Ademais, o coche no que ía aínda figuraba a nome do seu antigo propietario. Foi posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...