InicioSociedadeInterceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol tras...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol tras un accidente no que derrubou un sinal

o condutor enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses cunha multa de seis a doce meses ou con traballos en beneficio da comunidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou esta madrugada ao condutor dun turismo que tiña unha taxa de alcol que cuadriplicaba a permitida, tras cruzar unha glorieta pola zona axardinada e derrubar un sinal de tráfico.

En concreto, segundo informan as autoridades locais, ocorreu sobre as 3,30 horas deste venres, cando efectivos do Grupo Operativo Nocturno e o equipo de Atestados trasladáronse á Avenida de Madrid tras ser avisados dun accidente.

Á súa chegada ao momento, os axentes observaron como un turismo, que circulaba en sentido saída da cidade, cruzara unha das glorietas por encima da zona verde e derrubara un sinal vertical de tráfico.

Cando falaron co condutor, asegura a Policía Local, presentaba “signos evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas”. Tras sometelo ás preceptivas probas, arroxou un resultado positivo de 1,02 miligramos por litro, máis de catro veces que a taxa permitida, polo que se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Por estes feitos, o condutor enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses cunha multa de seis a doce meses ou con traballos en beneficio da comunidade dun a tres meses, ademais da retirada do dereito para conducir vehículos.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...