InicioSucesosUn home resultou ferido en Baralla tras envorcar o tractor que conducía

Un home resultou ferido en Baralla tras envorcar o tractor que conducía

Presentaba lesións nunha perna e nunha cadeira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido este mércores tras envorcar co seu tractor no municipio de Baralla mentres traballaba nunha leira próxima ao cemiterio de San Vitorio.

Segundo informaron desde o 112, o propio ferido contactou co servizo de emerxencias sobre as 16:00 horas para pedir asistencia médica urxente por mor dunha posible fractura de perna.

Así, informouse da situación ao 061, GES de Becerreá e a efectivos da Garda Civil. O persoal sanitario puido atender a vítima, que non se atopaba atrapada, no lugar dos feitos. Posteriormente, foi trasladado ao centro hospitalario por presentar lesións nunha perna e na cadeira.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...