InicioSucesosDetidos dous homes por un "intercambio express" de drogas en Lugo

Detidos dous homes por un “intercambio express” de drogas en Lugo

O suceso tivo lugar no parque da Fonte dos Ranchos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada Provincial de Policía Xudicial detiveron dous homes —un mozo duns 20 anos e outro de 50 anos— por un delito contra a saúde pública tras realizar un “intercambio express”.

Segundo informaron a Policía Nacional, os feitos derivan da detención o pasado día 26 de novembro, cando funcionarios da Comisaría Provincial observaron que no parque da Fonte dos Ranchos se produce un intercambio entre dous homes, os agora detidos, motivo polo que, “de forma inmediata proceden á identificación dun deles que permanecía no lugar mentres o outro se ausentou de forma inmediata”, relataron as mesmas fontes.

Froito desta identificación intervénselle ao mozo duns vinte anos de idade dúas placas de haxix coas inscricións ‘Flower Review e Banana Kush’, e que arroxan un peso de cen gramos; así como un dez gramos de marihuana dentro dun paquete de tabaco.

O detido alegou que acababa de comprar a droga para consumo, pero como a cantidade superaba o establecido legalmente para eses fins foi detido por un delito contra a saúde pública. Tras iso foi trasladado a dependencias policiais onde, unha vez se lle toma declaración e ao non ter antecedentes, queda en liberdade á espera de xuízo.

A continuación inícianse as investigacións para a localización do vendedor da sustancia incautada ao mozo. Este arrestado foi trasladado a dependencias policiais co fin de tomarlle declaración, tras o que quedou en liberdade, tamén á espera de xuízo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...