InicioSucesosLugo mantén a mesma taxa de criminalidade que hai un ano

Lugo mantén a mesma taxa de criminalidade que hai un ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

En Lugo, a taxa de criminalidade mantense igual que no mesmo período de 2017, situándose en 20,9 infraccións penais por cada 1.000 habitantes. No relativo ás infraccións penais coñecidas neste trimestre suman 1.630, un 0,8% máis que no mesmo período de 2017.

O maior descenso global prodúcese nos delitos contra a vida, integridade e liberdade das persoas, cun descenso do 19,7%, do mesmo xeito que baixan nun 2,1% as infraccións contra a seguridade viaria. Pola contra incrementáronse nun 7,5% os delitos contra o patrimonio.

As cifras son semellantes ao coxunto de Galicia que se mantén como cuarta comunidade máis segura de España no primeiro trimestre do ano cunha taxa de criminalidade de 27,4 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, 16,7 puntos por baixo da estatal.

17.511 INFRACCIÓNS PENAIS

De acordo con estas estatísticas, no primeiro trimestre de 2018 (de xaneiro a marzo) coñecéronse en Galicia un total de 17.511 infraccións penais, cunha diferenza dun 0,1% respecto o mesmo período de 2017. Diso informou a Delegación do Goberno en Galicia sobre o balance de criminalidade correspondente a este período.

Na provincia da Coruña, a taxa de criminalidade é de 30 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, cun lixeiro incremento de 0,3 puntos. En Ourense, a taxa de criminalidade é de 23,5 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, cunha subida de 0,3 respecto ao primeiro trimestre de 2017. Na provincia de Pontevedra, a taxa de criminalidade descende este trimestre no medio punto e sitúase en 27,9 infraccións penais por cada 1.000 habitantes.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...