InicioSucesosUn incendio dana unha casa en Montecubeiro (Castroverde)

Un incendio dana unha casa en Montecubeiro (Castroverde)

No Ourol, unha anciá tivo que ser evacuada pola fiestra tras declararse un lume na vivenda na que residía co seu fillo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Unha vivenda de Montecubeiro (Castroverde) resultou afectada por un incendio na mañá deste mércores 31 de xullo. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

O lume provocou danos de consideración nunha casa no concello de Castroverde, segundo informaron a Efe fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia ( CIAE). En concreto, tratábase dun inmoble do lugar de Foxos, na parroquia de Montecubeiro. Foi un particular quen alertou ao 112 de que estaba a arder o tellado do edificio a iso das sete e media da mañá.

SUCESO NA MARIÑA

No concello do Ourol, outra vivenda quedou arrasada polas chamas. Neste caso, unha anciá de 93 anos resultou ferida tras ser evacuada pola fiestra da casa onde se declarara o incendio. Podes ler a información completa relativa a este suceso no Xornal da Mariña.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...