InicioSociedadeA provincia volve ao medio cento de contaxios diarios da Covid

A provincia volve ao medio cento de contaxios diarios da Covid

Actualmente son 336 os casos activos na área sanitaria lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia xa supera a barreira dos 3.000 casos activos de covid-19, 3.168 concretamente, o que supón 297 infeccións máis nas últimas 24 horas, tras os 378 novos casos e as 80 altas. Os novos contaxios soben ata os 378, 141 máis que a última xornada, e os hospitalizados tamén se incrementan, con 98 persoas ingresadas por coronavirus –15 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade, ascende lixeiramente e alcanza o 6,62%, tras comezar a semana con case un 8%.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, a Comunidade continúa con 12 pacientes ingresados en UCI pola Covid no conxunto de Galicia, pero increméntanse a 86 os hospitalizados noutras unidades –15 máis–, mentres que 3.070 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente na área de Lugo, con seis persoas hospitalizadas en planta –unha máis–, pero que continúa sen pacientes en críticos.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Galicia acumula 24 xornadas consecutivas de ascenso dos casos activos, que se sitúan en 3.168, o que implica 297 máis que o día pasado ao haber de novo máis contaxios (378) que altas (80). A provincia é a cuarta con maior incidencia tras Ourense, Vigo e A Coruña. Ten 336 casos activos.

MÁIS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 volven ascender e sitúanse en 378, que constitúen 142 máis que os rexistrados hai 24 horas. O mércores anterior –17 de novembro– houbo 214 e a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’ rexistrouse o luns 11 de outubro, cando houbo 14.

Os 378 contaxios foron confirmados por positivos en Probas Diagnósticas de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles 47 son da área de Lugo.

ÚLTIMAS

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...