InicioSociedadeSen cambios na presión hospitalaria por Covid na área lucense, con oito...

Sen cambios na presión hospitalaria por Covid na área lucense, con oito ingresos

A provincia experimenta unha lixeira repunta de casos activos ao alcanzar os 148 (+6).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 9 de abril un lixeiro aumento de casos, ao rexistrar 148 pacientes con coronavirus, 6 máis ca os notificados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 8 novos positivos a través de PCR.

A situación hospitalaria non experimenta cambios. Segundo o balance de datos de Sanidade, segue habendo 8 persoas ingresadas por Covid-19. Todas elas están a ser atendidas no Hula: 5 en planta e 3 na Uci.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 212 persoas diagnosticadas co virus na provincia de Lugo, curáronse 11.763 e realizáronse 209.922 probas PCR.

GALICIA

No ámbito autonómico, mantense a tendencia descendente en canto á presión hospitalaria. Pola súa banda, os casos activos ascenderon lixeiramente a 2.193. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial. 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...