InicioSociedadeOs casos de coronavirus continúan en descenso na área lucense

Os casos de coronavirus continúan en descenso na área lucense

A provincia rexistra 182 casos activos (-6) e 13 pacientes hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 24 de marzo un total de 182 casos activos por coronavirus, seis menos ca os notificados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse catro novos casos positivos.

En canto ás hospitalizacións, prodúcese unha nova melloría ao reducírense en dúas, ata os 13 ingresos: once en planta (nove no Hula, un na Mariña e outro en Monforte) e dous en Uci.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 211 persoas na provincia de Lugo, curáronse 11.567 e realizáronse 201.591 probas PCR.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

A Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da provincia

Cinco novas parcelas industriais foron adquiridas nos polígonos de Paradela e Begonte nunha operación...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...