InicioSociedadeA Xunta e o Concello de Antas asinan o convenio para a...

A Xunta e o Concello de Antas asinan o convenio para a construción do novo centro de saúde

Disponse unha partida de 155.000 euros para a licitación e adxudicación das obras, que prevén unhas instalacións o triple de amplas ca as anteriores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela Pérez, veñen de asinar no día de hoxe un convenio de colaboración para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no municipio. O deterioro do actual ambulatorio é tal que se decidiu que era máis eficiente erguer unhas instalacións novas.

A Xunta de Galicia dispón nos orzamentos deste ano unha partida de 155.000 euros para a licitación e adxudicación do contrato do proxecto, cuxa construción prevé iniciar de inmediato. Mentres, o Concello comprométese a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios, co fin de posibilitar a cesión patrimonial ao Sergas dunha parcela libre de cargas e gravames e coa clasificación de uso sanitario, proceso que xa ten avanzado.

Está previsto que o novo centro de saúde teña unha superficie construida total de 850 m2, case triplicando a do actual centro de 317. O plan funcional aprobado inclúe a ampliación dos espazos das consultas e a inclusión dunha sala polivalente que non existe no actual centro, contando así con dúas consultas de medicina, dúas de enfermería, unha polivalente, unha de toma de mostras, máis unha sala de xuntas.

O concello de Antas de Ulla ten, na actualidade, ao redor de 1.610 tarxetas sanitarias, das que 95 son de pacientes en idade pediátrica.

No acto de sinatura tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta, Javier Arias Fouz; e o xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Detidos tres homes nun operativo policial con 1,6 kg de droga e máis de 1.800 euros

A Policía Nacional desmantelou en Lugo dous puntos de preparación, corte e venda de...

Tatiana Badiola, a moza que visibiliza o ELA cun videoclip e a axuda da IA

Tatiana Badiola Penas ten 32 anos e aínda que orixinaria de Cataluña, pasou a infancia...