InicioSociedadeA provincia anota máis de cen casos novos de coronavirus nun día

A provincia anota máis de cen casos novos de coronavirus nun día

Galicia rexistra un pico de contaxios detectados e preocupa a velocidade á que aumenta a presión asistencial, con 132 enfermos nas UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte rexistrou un aumento de máis dun centenar de casos novos confirmados por PCR. Nas últimas 24 horas detectáronse 104 positivos de coronavirus. Ao tempo, tamén soben os casos activos, que agora se sitúan nos 1.273, 63 máis ca os que notificaba onte o Sergas.

Non obstante, a situación nos hospitais non varía moito: redúcese o número total de ingresos relacionados coa Covid-19 (dos 46 de onte aos 45 de hoxe), pero hai un paciente máis na UCI. En concreto, o HULA atende 16 doentes en planta e oito na UCI; o Hospital da Mariña, 19; e o de Monforte, 2.

Ademais, a cifra de vítimas mortais da pandemia en Lugo ascende ás 157 logo de que o Sergas comunicara na tarde de onte outros seis falecementos. No histórico da provincia documéntanse 7.138 persoas curadas e 143.195 PCR (das cales 1.203 probas se realizaron onte, case o dobre ca un día antes).

GALICIA: PICO DE CONTAXIOS

Para o conxunto da comunidade galega a situación non mellora ao volver baterse récord de casos diarios (1.372) nunha xornada na que tamén experimentou o maior incremento da incidencia acumulada (900), para deixar a cifra de positivos activos en 14.975.

O dato máis preocupante, tal e como recoñeceu onte o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, é a velocidade á que aumenta a presión asistencial, especialmente nas unidades de críticos, que agora atenden 132 persoas (+18). Hai outros 696 en planta (32 máis).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...