InicioSociedadeO 2020 remata cun incremento dos casos activos na provincia de Lugo

O 2020 remata cun incremento dos casos activos na provincia de Lugo

Baixa a presión hospitalaria, con tres pacientes menos nos hospitais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrincou o ano 2021 cun novo incremento de positivos de covid-19 detectados nun día, 441, así como cunha subida de case un centenar nos casos activos, que alcanzan os 5.777. En concreto, segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do 31 de nadal, Galicia detectou a través de probas PCR 441 positivos en covid-19, tres máis que a xornada anterior. Así mesmo, os casos activos, como estes últimos días, seguiron aumentando, ata os 5.777, o que supón 97 máis que hai 24 horas.

Pola contra, a diferenza do ocorrido nos datos recollidos o mércores, a cifra de hospitalizados diminuíu en seis pacientes, ata os 345, aínda que os enfermos en UCI mantéñense en 55. En concreto, na área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte hai 15 nos hospitais, tres menos, e 2 en coidados intensivos, os mesmos que hai un día.

POSITIVOS DIARIOS

Respecto da detección de casos, unha xornada máis, Galicia mantense por encima dos 400 diarios, concretamente 441, tres máis que o día anterior. O número de PCR realizadas situouse nas 6.937, 357 máis que a xornada anterior, o que eleva o total a 1.120.590, e a taxa de positividade cae lixeiramente ata o 6,8% das PCR realizadas. Este xoves, as PCR positivas en Lugo foron 32, 13 menos.

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que manteñen a infección por covid-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 97, ata os 5.777. En Lugo, os casos activos chegaron a 463 tras sumar 19.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...