InicioSociedadeO novo xulgado do social non funcionará ata finais de marzo

O novo xulgado do social non funcionará ata finais de marzo

O Goberno culpa a Xunta de que a apertura non sexa neste 2020. A administración galega, pola súa parte, reitera que segue "á espera" da Orde Ministerial e que "xa trasladou" que prevía a súa posta en marcha no primeiro trimestre de 2021

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, situou no 31 de marzo a data de apertura do cuarto xulgado do social na cidade, á vez que volveu a culpar á Xunta de Galicia de que non entre en funcionamento antes de que termine o 2020.

En declaracións aos medios este luns, a representante do Executivo de Pedro Sánchez na provincia manifestou que o “desexo” do Ministerio de Xustiza era que este novo órgano, incluído no plan de medidas urxentes fronte á covid-19, estivese operativo o 31 de decembro xunto a outros 13 xulgados de España.

Así, Rodríguez reafirmou o “compromiso” do Goberno central con este asunto, á vez que lembrou que o real decreto aprobado o martes pasado, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o mércores, recolle a súa creación.

No entanto, explicou que a data para a entrada en servizo deste xulgado, que efectivamente se establecerá mediante unha Orde Ministerial, estará “condicionada pola dotación dos medios que necesita para funcionar”, tanto humanos como materiais, que “debe achegar a Xunta”.

“Segundo a información trasladada ao Goberno, a previsión da Xunta (…) para que o novo xulgado do social de Lugo dispoña dos medios precisos para a súa entrada en funcionamento é o 31 de marzo”, insistiu Isabel Rodríguez.

RESPOSTA DA XUNTA

Tras estas declaracións, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reiterou que o Goberno galego está “á espera” da Orde Ministerial que poña a apertura do xulgado, tendo en conta que xa trasladou “en novembro” ao Ministerio que establecía a súa posta en marcha no primeiro trimestre do 2021 e que o real decreto da semana pasada “non fixaba datas”.

En calquera caso, Arias subliñou que a Administración galega “dará resposta” ás reivindicacións dos lucenses e das asociacións xudiciais coa posta en marcha deste novo órgano, unha petición “desatendida en 2019” -criticou- polo Goberno central e que derivou nunha solicitude conxunta trasladada desde a Vicepresidencia da Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ademais, Arias garantiu que no primeiro trimestre de 2021 o novo xulgado contará cos medios materiais, mobiliario, equipos informáticos e persoal auxiliar precisos para a súa posta en marcha. De feito, dixo que dos 238.000 euros destinados á nova sala, “a maior partida” estará dedicada a funcionarios -dous xestores, catro tramitadores e dous auxiliares-.

ÚLTIMAS

Así estafaron 265.000 euros a unha empresa de Lugo

Axentes da Garda Civil detiveron, no marco da operación 'Crepera', ao presunto autor dun...

Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo

O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou...

A Audiencia de Lugo absolve a un acusado de violar á que era a súa parella, por contradicións e falta de credibilidade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acordou absolver a un mozo acusado de dous delitos...

O Camiño Francés recollerá firmas entre os peregrinos para frear o proxecto de Altri

O Camiño Francés, liderado pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), anunciou o lanzamento dunha campaña internacional...