InicioSociedadeXa son catro os falecidos en Lugo pola Covid nas últimas 24...

Xa son catro os falecidos en Lugo pola Covid nas últimas 24 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia superou nesta xornada os 700 falecidos con covid-19. Outras dúas mortes notificadas na tarde deste xoves en hospitais lucenses sitúan o cómputo total de vítimas mortais desde o inicio de pandemia en 703.

Segundo informa Sanidade, nas últimas horas faleceron dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus: un home de 92 anos que estaba ingresado no Hospital Polusa e unha muller de 89 anos que estaba hospitalizada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Ambos os dous pacientes tiñan patoloxías previas.

Previamente, tamén esta xornada, as autoridades sanitarias informaron o falecemento doutras catro persoas, dúas vinculadas ao gromo da residencia de Outeiro de Rei (Lugo) –unha perdeu a vida no propio centro e outra estaba hospitalizada–.

Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 84, tras a morte dunha muller o 7 de agosto.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...