InicioSociedadeA Xunta di que o foco de Lugo "parece evolucionar de forma...

A Xunta di que o foco de Lugo “parece evolucionar de forma favorable”

Os casos xa non estean concentrados no barrio da Milagrosa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) coas novas medidas para evitar contagios de covid-19 en Galicia consideran que no caso de Lugo, o gromo “parece evolucionar de forma favorable”, aínda que “presenta aínda indicadores de alto risco” que recomendan manter as medidas restritivas.

“O feito de que os casos xa non estean concentrados no barrio da Milagrosa fai que non teñan xustificación as medidas máis restritivas que afectan a este barrio”, engade, para xustificar que na zona pasen a aplicarse as normas do resto do concello.

Para o caso de Ourense, detectouse que a incidencia acumulada a tres e sete días “está estabilizada na última semana” e que o brote se concentra no Concello de Ourense, con indicadores que seguen sendo “de alto risco e de medio risco”, polo que se manteñen as medidas que xa estaban vixentes.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

Ferido un camioneiro despois dunha saída de vía e caer por un terraplén de 15 metros en Xermade

Un camioneiro resultou ferido este martes tras sufrir unha saída de vía e caer...