InicioSociedadeUnha nova morte eleva a catro as persoas falecidas en Lugo nas...

Unha nova morte eleva a catro as persoas falecidas en Lugo nas últimas horas

Lugo rexistra nun só día o maior número de mortes despois do confinamento con catro falecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou do falecemento nas últimas horas en Galicia doutras dúas persoas con coronavirus, co que xa son seis as mortes notificadas este mércores polas autoridades sanitarias e 650 o total de decesos relacionados coa COVID-19 desde o inicio da pandemia.

En concreto, trátase de dous homes de 92 e 74 anos, ambos con patoloxías previas, que se atopaban ingresados no Hospital Clínico de Santiago e no Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Con iso, este 2 de setembro non só é o día ata a data con máis falecidos con COVID-19 desde o agravamento da pandemia nas últimas semanas, senón tamén a xornada na que a Consellería de Sanidade comunicou unha cifra superior a catro falecidos nos últimos case catro meses. En concreto, desde o 5 de maio, cando se comunicaron 9 mortos con COVID-19.

As mortes con COVID-19 han ido subindo nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contagios na Comunidade galega. Desde a ‘nova normalidade’ notificáronse un total de 31 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...