InicioSociedadeSubida mínima dos casos en Lugo cando Galicia supera xa os 1.500...

Subida mínima dos casos en Lugo cando Galicia supera xa os 1.500 novos positivos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de COVID en Galicia seguen en aumento e sitúanse este martes en 1.505, o que supón 105 máis que este luns –tras subir en todas as áreas sanitarias agás na de Vigo, que se mantén igual que a xornada pasada–, dos que 921 corresponden á da Coruña e Cee –70 máis–. En Lugo, a suba foi mínima, pero aínda así houbo 3 casos novos.

Así se desprende dos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, seis atópanse en UCI –un máis que este luns–, 55 permanecen en unidades de hospitalización convencional –dous menos–, e 1.444 en seguimento domiciliario –106 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 1.505 casos activos, 921 corresponden á área da Coruña e Cee –70 máis que este luns–; 113 á de Lugo –tres máis–; 139 á de Vigo –sen cambios–, 75 á de Pontevedra e O Salnés –cinco máis–; 131 á de Ourense –17 máis–; 67 á de Santiago –catro máis– e 59 á de Ferrol –seis máis–.

Así mesmo, Sanidade indica que, ata a data, curáronse en Galicia 11.625 persoas, 17 máis que a xornada pasada, e faleceron 625 pacientes con COVID. A última vítima mortal, notificada este domingo, foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Chuac e presentaba patoloxías previas.

Dos 1.505 casos activos na Comunidade galega, 16 están vinculados a centros residenciais, catro máis que este luns, en relación a 11 usuarios e cinco traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 283.781 fronte ás 282.103 rexistradas ata este luns, puntualizou o departamento de Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...