InicioSociedadeBuscan os restos dun sindicalista asasinado por falanxistas en 1936 na Pobra...

Buscan os restos dun sindicalista asasinado por falanxistas en 1936 na Pobra do Brollón

Os falanxistas detivérono ilegalmente e matárono por ser membro do sindicato UGT e estar vinculado a organizacións progresistas da Segunda República.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un grupo de voluntarios está a traballar no cemiterio de Fornelas, na Pobra do Brollón, para tratar de localizar os restos de Gervasio González, asasinado o 5 de setembro de 1936 por un grupo de pistoleiros falanxistas, que o detiveron ilegalmente e matárono por ser membro do sindicato UGT e estar vinculado a organizacións progresistas da Segunda República.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) está a encargarse destes traballos de procura, aos que asistiu estes días una das súas netas, María José Franco.

Os voluntarios revisan este mércores o último espazo no que podería atoparse o corpo e desenvolven uns labores que están a ser “especialmente complexas” polas intervencións que se fixeron no cemiterio “sen respectar o enterramento sen nome” do corpo de Gervasio.

Nun comunicado, a asociación indicou que solicitará ao Concello que se coloque unha placa no lugar para lembrar a Gervasio, un home “que cría nos dereitos de todos”.

A súa neta dirixiuse o martes aos integrantes dun grupo de mozos participantes nun campo de traballo arqueolóxico no castro de San Lourenzo e díxolles que espera que non vivan nun país sen democracia, porque o que os seus tiveron que pasar “foi terrible”.

A ARMH sinalou que tamén un dos fillos de Gervasio sufriu represalias, posto que foi detido e encarcerado en Lugo, onde estivo dous anos preso.

Na súa nota, a asociación criticou que, “como xa ocorreu en varias exhumaciones” que realizou en Galicia, esta non foi cuberta por ningún medio de comunicación público.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...