InicioAncaresRisco por treboadas en boa parte de Lugo

Risco por treboadas en boa parte de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O risco por choivas e treboadas afectará hoxe a boa parte do interior peninsular, desde Asturias ata Andalucía, incluíndo ás provincias de Lugo e Ourense.

En concreto, as choivas, que poderán acumular uns 20 litros por metro cadrado nunha hora terán con aviso de risco (nivel amarelo) a todas as provincias de Lugo, Ourense, Áraba, Biscaia, a Córdoba, Sevilla, Xaén, Málaga, ás comunidades autónomas do Principado de Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha.

Tamén espera o AEMET a posibilidade de bancos de néboa matinais no interior do extremo norte peninsular. As temperaturas subirán no interior do Cantábrico pero descenderán en case todo o resto da Península, mentres que nos arquipélagos terán poucos cambios. Finalmente, os ventos alisios soprarán en Canarias, do norte chegarán a Galicia e serán de compoñente leste no litoral sueste e Baleares.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...