InicioSociedadeO brote, en aumento: outros 21 casos para un total de 165,...

O brote, en aumento: outros 21 casos para un total de 165, segundo o Sergas

Sanitarios da Mariña cuestionan a información da Consellería de Sanidade e aseguran que hai un "desfase" entre o número de casos detectados e os que se publican.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos no brote de coronavirus da Mariña continúa en aumento. A Consellería de Sanidade confirmou ao mediodía deste xoves outros 21 positivos, para un total de 165. No mesmo reconto oficial, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou que se produciron 25 “altas epidemiolóxicas” de persoas deste foco que resultaran infectadas de Covid-19.

Dos 165 casos confirmados polo Sergas no distrito sanitario da Mariña, con 14 concellos pechados desde o pasado luns, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Destas 165 persoas, cinco requeriron de ingreso no Hospital Público da Mariña e permanecen en planta “cunha evolución favorable”.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. O Sergas destaca que “máis de 300 delas xa recibiron tamén a alta epidemiolóxica” tras superar o período de illamento e non desenvolver a enfermidade.

DÚBIDAS SOBRE OS DATOS OFICIAIS

Porén, sanitarios da Mariña Lucense cuestionaron as cifras ofrecidas polo Sergas e falan dun maior número de casos na bisbarra. Segundo puido saber o Xornal da Mariña, este mediodía documentábanse un total de 182 positivos só nos municipios de Foz, Alfoz, Cervo, Xove, Ferreira do Valadouro e Burela, que supón o principal foco de coronavirus da bisbarra, por riba dos cen casos.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...