InicioLugo e contornaO centro de maiores da Deputación recolle os usuarios das vivendas comunitarias...

O centro de maiores da Deputación recolle os usuarios das vivendas comunitarias pechadas na Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé informou de que cinco persoas maiores veciñas da Fonsagrada que eran usuarias das vivendas comunitarias privadas que foron intervidas e pechadas pola Xunta entrarán nas próximas horas a vivir no centro público que a institución provincial ten na localidade, o Residencial de Rois.

En concreto, a principios de abril, o Goberno galego ordenou o peche cautelar das vivendas comunitarias Burón I e II, unha residencia privada situada neste municipio lucense tras constatar as malas condicións dos anciáns que se atopaban nestas instalacións.

Nun comunicado remitido aos medios este venres, o presidente da Deputación de Lugo explicou que se prevé que os ingresos de catro destas persoas queden xa formalizados na xornada deste sábado, mentres que o quinto terá lugar o domingo ou o luns.

Tomé Roca destacou o contacto estreito que mantido co Concello e coas familias destes veciños desde que xurdiu a problemática. “Desde o primeiro momento mostrei a disposición da Deputación para que estas persoas seguisen preto dos seus familiares, dos seus veciños e amigos, mantendo o arraigamento na súa terra, nun centro público como o noso, no que recibirán unha atención próxima e de calidade”, manifestou.

“Estamos moi satisfeitos por cumprir cos desexos das familias que, por fin, sentirán que as súas peticións foron atidas e correspondidas”, manifestou o presidente provincial, que explica que estaban preocupadas porque estaban a vivir no Carballiño, un municipio “especialmente lonxe do seu lugar de orixe”.

Así mesmo, José Tomé lamentou non obter resposta da Xunta ao ofrecemento feito a través dunha carta remitida o pasado 16 de abril para realizar en colaboración este proceso de traslado deste cinco persoas.

“Non entendemos que despois dun momento tan difícil como pasaron as familias, agravado pola situación excepcional derivada da crise da COVID-19, o Goberno galego deixase toda a responsabilidade nelas e non mostrase a lealdade institucional que debe primar sempre, pero sobre todo en situacións como esta”, censura.

Nesta liña, cuestionou que a Xunta decidise trasladar a estes usuarios desde o HULA ata O Carballiño, na provincia de Ourense, “sen ningún tipo de necesidade, porque podían entrar desde un primeiro momento na residencia da Deputación na Fonsagrada”.

O presidente da Deputación asegurou que a súa volta á Fonsagrada “é a mellor solución” que se podía atopar e “demostra que o modelo asistencial público e de proximidade”, polo que aposta a institución provincial, “é apoiado polas familias”.

PROCEDEMENTO DE INGRESO

A Deputación detallou que para que este cinco persoas entren a vivir no Residencial Rois foi necesario unha autorización de derivación sanitaria de cada unha delas, acompañada dos certificados de resultado negativo das probas de detección da COVID-19.

Ademais, unha vez na residencia, deberase efectuar unha desinfección preventiva das súas pertenzas e un aseo persoal inicial como medida preventiva para proceder ao seu illamento en habitacións durante 14 días, seguindo as pautas fixadas.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...