InicioSociedadeLugo rexistra 63 casos activos e Galicia baixa do millar de positivos...

Lugo rexistra 63 casos activos e Galicia baixa do millar de positivos por primeira vez en dous meses

O Hospital Universitario Lucus Augusti atende tres pacientes na UCI e un en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Volven baixar os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, ata situarse nos 63 positivos (seis menos ca onte). Tan só o Hospital Universitario Lucus Augusti rexistra pacientes ingresados por COVID-19: tres na Unidade de Coidados Intensivos e un en planta. 

Os 59 doentes restantes permanecen nos seus domicilios. A Consellería de Sanidade contabiliza cinco casos menos neste último grupo, ao tempo que van medrando as altas documentadas na provincia. Xa se alcanzan as 844 recuperacións, en base aos datos e criterios de reconto do Sergas.

Non houbo ningún falecemento relacionado coa pandemia dende o pasado 6 de maio, polo que as mortes mantéñense en 27 en Lugo.

GALICIA

A comunidade galega baixa dos 1.000 casos activos por primeira vez en dous meses tras o novo descenso presentado neste xoves 21 de maio. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de 990 positivos activos, fronte aos 1.063 que referían onte. A área de Vigo é a que ten máis enfermos de COVID-19.

Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas e rexistráronse 608 falecementos. O número de PCR realizadas é de 130.424.

ÚLTIMAS

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...