InicioSociedadeOs positivos confirmados en Lugo dispáranse nun día: pasan de 62 a...

Os positivos confirmados en Lugo dispáranse nun día: pasan de 62 a 97

A nivel galego, os diagnósticos alcanzan os 1.374, con 19 altas e 22 falecementos, un deles en Burela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.374, dos cales 97 pertencen a Lugo. Desta maneira, a provincia presenta unha suba importante ao pasar nun só día dos 62 positivos rexistrados este luns 23 a aproximarse ao centenar de diagnósticos.

Por zonas, a área da Coruña contabiliza 359 positivos; Ourense, 152; Pontevedra, 179; Vigo, 312; Santiago, 239; e Ferrol, 36. Do total de pacientes, 54 permanecen na UCI, 337 están en unidades de hospitalización e 983 no domicilio. Así mesmo, en Galicia rexistráronse 19 altas e 22 falecementos.

Unha das últimas mortes correspóndese coa dun home de 83 anos que estaba ingresado no Hospital Público da Mariña. Trátase da terceira vítima mortal por coronavirus na provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...