InicioSociedadeA Xunta asegura que non existen casos confirmados nas súas residencias de...

A Xunta asegura que non existen casos confirmados nas súas residencias de maiores de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou que non existen casos de coronavirus confirmados nas residencias da rede da Administración autonómica situadas na provincia luguesa.

Así, o responsable autonómico destacou que nas cinco residencias da rede autonómica –dúas na capital luguesa, unha en Sarria, outra en Burela e a restante en Monforte–, polo momento “non hai ningún problema” relacionado co COVID-19.

Este luns, xornada na que a morte dun home de 81 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo supuxo o segundo falecemento na provincia con coronavirus e o 19 de toda a comunidade, Balseiro apuntou que na provincia lucense hai 62 casos de COVID-19 confirmados.

Ademais, o delegado da Xunta en Lugo fixo un chamamento ás empresas que fabriquen material sanitario para que comuniquen antes do día 27 á Administración autonómica se “poden fabricar ventiladores, máscaras, ou vestimenta sanitaria”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...