InicioSociedadeO xulgado arquiva a causa contra a comunidade de montes que preside...

O xulgado arquiva a causa contra a comunidade de montes que preside o alcalde de Xermade

Un comuneiro denunciara irregularidades nas contas da entidade, pero o xulgado non ve tal. O rexedor socialista, Roberto García, achaca a denuncia a "cuestións persoasi

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de primeira instancia e de instrución número 1 de Vilalba decretou o sobresemento provisional contra a Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Lousada (Xermade). Esta entidade está presidida polo alcalde da localidade, o socialista Roberto García, polo que o fallo que tamén supón o arquivo do proceso contra o rexedor.

A denuncia partía dun comuneiro, que sinalaba irregularidades nas contas da comunidade de montes, cun desfasamento de máis de 30.000 euros no balance contable do ano 2017. O xulgado rexeita esta posibilidade, posto que “a suma de ditos saldos (da comunidade de montes) é mesmo superior ao superávit que consta no indicado balance”.

“ACOSO” E CUESTIÓNS PERSOAIS

O alcalde de Xermade, Roberto García, lembrou que “desde o primeiro momento” dixera que era “inocente” e que “non defraudara nin se apropiara indebidamente de nada”, nin el nin a xunta directiva. “Eu sempre facilitei información nas reunións que tiñamos”, insistiu, en referencia á súa transparencia.

García segue presidindo dita comunidade e asegurou que todo “estaba e segue perfecto” no seo desta organización. Achaca a denuncia a unha cuestión persoal. “Eu notaba que era acoso contra min. Este mesmo señor [o denunciante] presentou noutra ocasión unha denuncia contra a miña familia que tamén era falsa e que, polo tanto, foi arquivada posteriormente”, lamentou. O alcalde de Xermade non descarta presentar unha querela contra o denunciante.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...