InicioSociedadeUnha persoa con discapacidade intelectual incorpórase á Subdelegación do Goberno en Lugo

Unha persoa con discapacidade intelectual incorpórase á Subdelegación do Goberno en Lugo

Dende Fademga Galicia consideran que este paso é un avance na conquista dun "mercado laboral inclusivo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Jorge Baldoví Martín é dende hoxe o novo traballador da Subdelegación do Goberno en Lugo. Jorge, que presenta unha discapacidade intelectual, supón outro pequeno chanzo máis no camiño pola inclusión laboral destas persoas. “Cada vez está máis preto de ser real”, din dende Fademga Galicia

Esta incorporación é o paso final para a toma de posesión do seu novo posto laboral. Ocorre despois de que a Dirección Xeral de Función Pública publicara as listas de adxudicatarios para o ingreso como persoal laboral fixo coa categoría de axudante de xestión e servizos comúns, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Nesta ocasión, convocábanse 279 prazas en toda España baixo o sistema de concurso-oposición, das cales 23 corresponderon a Galicia (8 prazas en A Coruña. 4 en Ferrol, 1 en Santiago de Compostela, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 3 en Pontevedra, 2 en Vigo e 1 en Marín). O exame da oposición celebrábase o 22 de setembro de 2018 na Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid, e das 23 prazas ofertadas para Galicia 19 foron adxudicadas a persoas que recibiron apoios de FADEMGA (82.60%).

FADEMGA Plena inclusión considera estes pasos como pequenos logros para conquistar “un mercado laboral inclusivo”.  Así mesmo, a Federación quere destacar o esforzo das máis de 200 persoas con discapacidade intelectual que prepararon este proceso selectivo e anímaos a continuar coa súa preparación de cara a vindeiras convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...