InicioPolíticaA Xunta rexeita o protocolo da Intermodal de Lugo proposto por Fomento

A Xunta rexeita o protocolo da Intermodal de Lugo proposto por Fomento

O goberno galego pide concreción e responsabilidades nun protocolo para a Intermodal de Lugo que supón "un retroceso nos compromisos adquiridos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, informou este martes de que a Xunta de Galicia rexeitará o protocolo remitido polo Ministerio de Fomento para executar a estación intermodal de Lugo. A responsable autonómica explicou que despois de “ano e medio” de traballo, a proposta carece de calquera tipo de concreción.

Vázquez afirmou perante os medios de comunicación que a Xunta en ningún caso “pode acceder” á sinatura dun protocolo nas condicións estabelecidas polo Goberno, porque supón “un retroceso nos compromisos adquiridos”. O executivo que preside Alberto Núñez Feijóo quere un convenio semellante ao subscrito para Santiago de Compostela e Ourense, onde se “asumen compromisos e responsabilidades”.

Porén, e segundo a versión da conselleira, o protocolo enviado por Fomento limítase a formalizar un acordo para “estudar conxuntamente” as condicións da estación intermodal. Mais “iso é o que fixemos durante ano e medio”, lamentou Vázquez. “Hai que adquirir responsabilidades, como se financia e quen asume cada parte da obra; como, cando e canto”, precisou a titular de Infraestruturas.

En novembro, o anteproxecto ideado por Fomento determinaba un investimento entre 27,5 e 31,6 millóns de euros permitirá acometer a intermodal, que comprende a estación ferroviaria, a de autobuses e un novo aparcadoiro de vehículos privados. Entón dispúxose que a administración galega achegaría 2,7 millóns para a dársena de buses, mentres que Goberno central licitaría o proxecto construtivo da estación de tren e a coordinación da parte que corresponde á Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de...