InicioSen categorizarGrandes colas no Ceao tras o accidente dun trailer

Grandes colas no Ceao tras o accidente dun trailer

O acceso principal a este polígono empresarial estivo cortado durante catro horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O accidente dun vehículo articulado, que “fixo tesoira” no acceso principal desde a Autovía do Noroeste (A-6) ao polígono industrial do Ceao, en Lugo, mantivo cortada durante máis cinco horas esa vía, que tamén dá acceso á zona norte da cidade, e provocou importantes retencións á primeira hora da mañá.

Segundo informaron a EFE fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, o accidente produciuse ao redor das 04:15 da mañá, pero pasadas as 09:00 horas, o acceso permanecía cortado, porque os servizos de mantemento seguían limpando a estrada, despois da retirada do camión accidentado.

Os mesmos informadores precisaron que non houbo que lamentar danos persoais no sinistro, aínda que si se formaron importantes retencións na entrada ao polígono desde a A-6, dado que a circulación quedou completamente interrompida en sentido ao centro da cidade.

De feito, houbo que desviar por outros accesos tanto ao tráfico procedente do sentido A Coruña como o que chegaba en dirección Madrid.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...