InicioLugo e contornaLugoCiudadanos critica que non se consignou "nin un euro" para a nova...

Ciudadanos critica que non se consignou “nin un euro” para a nova comisaría de Lugo

Ve necesario o aumento do número de efectivos en Lugo, Viveiro e Monforte

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato de Ciudadanos ao Congreso por Lugo, José Manuel Blanco, cualificou de “inaceptable” que aínda non se consignase “nin un euro” para a nova comisaría na cidade.

Así se pronunciou tras reunirse, acompañado polo deputado José Miguel Gutiérrez, con distintos sindicatos policiais da cidade para coñecer as “dificultades” que atravesan os Policías Nacionais na provincia.

“O PP cando estivo a gobernar non consignou nin un euro para a creación da comisaría de policía, e o PSOE foi crítico con esta situación, pero agora que eles están no poder continuaron esquecéndose da cidade de Lugo”, insistiu José Manuel Blanco.

Pola súa banda, Miguel Gutiérrez tamén viu necesaria a creación dunha Unidade de Prevención e Resposta (UPR) para Lugo, dado o déficit de efectivos e o aumento de situacións nas que son necesarios un gran número de axentes, como nos eventos deportivos, o San Froilán ou o Arde Lucus.

Ademais, o deputado lembrou que el mesmo solicitou en numerosas ocasións unha nova comisaría para a cidade, unha petición ante a que os diferentes gobernos fixeron “caso omiso”.

“É indignante que non se destine o diñeiro aos lugares onde máis se necesita, senón que vai aos sitios onde o alcalde é máis amigo do Goberno de quenda, é totalmente necesario despolitizar a policía”, manifestou o parlamentario.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...