InicioPolíticaJosé Tomé reta a Elena Candia a que abandone o Parlamento "como...

José Tomé reta a Elena Candia a que abandone o Parlamento “como proba de compromiso real” con Lugo

Tamén acusou ao Partido Popular de carecer de "un proxecto para a provincia" e criticou especialmente a "desatención" por parte da Xunta á provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé, instou á popular Elena Candia a que abandone o Parlamento de Galicia “como proba de compromiso real” coa cidade de Lugo, onde será a candidata do PP nos próximos comicios municipais.

Ademais, o tamén alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Deputación, púxose como exemplo e lembrou que el deixou a súa acta de deputado “nas anteriores eleccións” e dedicouse “a traballar para os veciños e veciñas de Monforte”.

Nun encontro con xornalistas, José Tomé acusou ao Partido Popular de carecer de “un proxecto para a provincia” e criticou especialmente a “desatención” por parte da Xunta á provincia de Lugo.

Sobre as liñas de traballo nas que a formación centrará os seus esforzos de face ao curso político que acaba de comezar, Tomé expuxo que na axenda da formación estará o traballo polo impulso do desenvolvemento económico dos 67 concellos de Lugo, centrándose “especialmente en reducir a brecha que separa o rural do urbano, en reclamar industria en Lugo, que agora mesmo está a ser desmantelada, e reclamar as infraestruturas pendentes”.

Estas reclamacións, insistiu o secretario xeral provincial, “faranse estea quen estea no Goberno Autonómico”. Neste sentido, o socialista defendeu o compromiso do seu partido pola provincia.

Así mesmo, os socialistas lembraron neste encontro que celebrarán en Galicia primarias naqueles concellos de máis de 50.000 habitantes nos cales non gobernan actualmente. No resto, os candidatos ás próximas municipais do mes de maio coñeceranse durante o primeiro trimestre o ano 2023.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...