InicioPolíticaElena Candia estará arroupada por Feijóo e Ana Beltrán este domingo na...

Elena Candia estará arroupada por Feijóo e Ana Beltrán este domingo na súa reelección como presidenta provincial do PP

Ao longo das últimas semanas, Elena Candia mantivo distintas reunións de traballo para pulsar a opinión da afiliación, recoller as súas propostas e explicar o proxecto político que liderará a partir deste domingo 19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e a vicesecretaria de Organización do Partido Popular, Ana Beltrán, arrouparán este domingo a Elena Candia na súa reelección como presidenta provincial.

Así o confirmou a Comisión Organizadora do conclave que preside a vilalbesa Patricia Teijeiro. A formación popular subliña que con esta cita concluirá o proceso iniciado no mes de xullo e que contou cunha campaña “intensa” por parte da única candidata a seguir á fronte do partido na provincia.

Ao longo das últimas semanas, Elena Candia mantivo distintas reunións de traballo para pulsar a opinión da afiliación, recoller as súas propostas e explicar o proxecto político que liderará a partir deste domingo 19. A dirixente lucense deu –e garante que o seguirá facendo– un papel protagonista aos mozos.

O conclave, ao que está previsto que acudan unhas 600 persoas, e que se desenvolverá no pavillón municipal de Outeiro de Rei, dará comezo ás 9,00 horas coa acreditación de compromisarios e dos invitados. Ás 10,30 constituirase e votarase a Mesa do Congreso.

Seguidamente, e tras o saúdo do alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, como anfitrión do evento, votarase o regulamento e darase lectura á candidatura presentada.

CLAUSURA

Ás 11,15 horas, presentarase o informe de xestión por parte do secretario provincial secretario provincial saínte, Juan Carlos Armesto, e ás 11,30 horas, presentarase e votará o relatorio ‘Un proxecto de partido, un proxecto para Lugo’ por parte da súa coordinadora e deputada autonómica, Cristina Sanz.

Acto seguido, darase lectura os resultados e á proclamación da presidenta. A clausura será ás 12,00 horas e contará coas intervencións de Alberto Núñez Feijóo, Ana Beltrán e de Elena Candia.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...