InicioPolíticaGonzalo Caballero: "En Lugo non hai ningún proxecto industrial relevante desde que...

Gonzalo Caballero: “En Lugo non hai ningún proxecto industrial relevante desde que Feijóo goberna”

Tomé demanda un plan que aposte polo sector primario como vía para crear emprego e reequilibrar a poboación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de “deixar abandonada” a provincia de Lugo en materia industrial despois de “once anos” sen que fose impulsado “ningún proxecto relevante” por parte da Administración autonómica.

Así se expresou este xoves o líder dos socialistas galegos en declaracións aos medios durante unha visita á Deputación de Lugo, onde foi recibido polo presidente provincial, José Tomei. “En Lugo non hai ningún proxecto industrial relevante que fose impulsado pola Xunta de Galicia en once anos de gobernos de Feijoo”, aseverou Caballero, que apelou a “aproveitar” os fondos europeos para a reconstrución post-pandemia para “proxectos de reactivación” na provincia luguesa.

“Queremos traballar co presidente da deputación en perfilar o mapa para a reactivación da provincia de Lugo, sobre cales son as liñas de actuación prioritarias que os veciños necesitan para non quedar atrás“, sentenciou.

Nesta liña, o líder dos socialistas galegos incidiu en que este “impulso” industrial ten que darse “coa liña vermella de defensa férrea dos servizos públicos en educación e en sanidade, en política social e co compromiso de facer unha política industrial que dea impulso ás necesidades dunha provincia que con Feijoo foi perdendo peso industrial e actividade”.

Así mesmo, demandou que as administracións “cumpran cos compromisos de infraestruturas que están pendentes” como “a conexión” de Lugo con Santiago ou con Ourense, tanto por estrada como por ferrocarril.

JOSÉ TOMÉ

Pola súa banda, o presidente provincial, José Tomé, avanzou que, na reunión, trasladaría a Caballero a “preocupación” do goberno lugués por varios asuntos: infraestruturas “históricas” aínda pendentes como vía de alta capacidade na Mariña e o porto seco de Monforte; a posta en marcha dun plan de dixitalización que acabe coas “zonas escuras” na provincia, o “desdobramento” da autovía Lugo-Sarria-Monforte e o futuro de Alcoa.

Temos pendente un plan industrial para Galicia, e por suposto para a provincia de Lugo, máis neste momento que temos o problema de Alcoa”, remarcou Tomé, que subliñou a necesidade de contar cunha estratexia “que poña en valor os produtos primarias” que se producen na provincia de Lugo, “a máis rica en leite e madeira”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...