InicioPolíticaPontón quere "deixar atrás o Lugo en branco e negro do PP"...

Pontón quere “deixar atrás o Lugo en branco e negro do PP” e dar paso a unha provincia “viva e en cor”

Olalla Rodil encabeza a lista do BNG por Lugo, que apela a acabar con "o esquecemento" do interior de Galicia. O programa dos nacionalistas inclúe a posta en marcha dun 'Galtren' para reverter a situación dos servizos ferroviarios na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, chamou a “deixar atrás o Lugo en branco e negro do PP” para dar paso a unha provincia “viva e en cor” a través das políticas da formación frontista, que presenta como cabeza de lista pola circunscrición luguesa a Olalla Rodil, deputada durante a última lexislatura.

Este martes, no Centro Sociocultural Maruxa Mallo da capital luguesa, tivo lugar a presentación da candidatura do Bloque por Lugo, composta “por 14 persoas marabillosas e diversas en idade, procedencia, profesión e xénero” que, en palabras de Rodil, “son ben representativas” do que é a provincia de Lugo.

“Un equipazo”, destacou Ana Pontón, quen valorou o traballo realizado por Olalla Rodil durante a última lexislatura , unha etapa na que “foi a voz de todos e cada un dos problemas” de Lugo, unha provincia que, segundo a líder nacionalista, necesita “abrir un tempo novo” para “deixar atrás a etapa de Feijóo, que se por algo se caracterizou foi polo abandono de todo o interior e, en concreto, da provincia de Lugo”.

“Na cidade de Lugo sentimos que o BNG volveu a reilusionar a moitas persoas coa política grazas á súa acción de goberno”, resaltou Pontón en referencia ao goberno da capital luguesa, onde a formación nacionalista comparte executivo co PSOE da rexedora, Lara Méndez.

Por iso, cre que é preciso “devolver á xente” de toda a provincia “a esperanza” de que na provincia de Lugo “hai futuro, capacidade e potencialidade“. “O que se necesita é un cambio que aposte por pór a producir toda a potencialidade que hai no país”, incidiu Pontón.

CANDIDATURA “DE EXCELENCIA”

Nesta liña, asegurou que a lista que presenta o BNG por Lugo é “de excelencia” e presenta “unha aposta clara pola renovación”, pero tamén “pola experiencia” e por “dar peso á mocidade, a unha nova xeración que quere cambiar as cousas desde Galicia”.

Unha candidatura que, en palabras de Pontón, vai acompañada dun programa para pór en marcha desde o Goberno “cambios que permitan reverter a senda” de problemas que afectan á provincia como o despoboamento, a “45.000 vivenda baleiras“, o “abandono” do rural ou a “falta de servizos” en ámbitos como o sanitario ou o educativo.

“Cremos que non se poden permitir catros anos máis nos que se sigan estragando o potencial que ten a Galicia interior e desde o BNG temos un proxecto pensado para dar futuro e solucionar os retos que como país temos por diante”, apuntou.

‘GALTREN’ E “RENDAS XUSTAS”

Entre as medidas que inclúe o programa do BNG para a provincia de Lugo figuran a fixación de “rendas xustas” para os produtores do rural a través de contratos homologados que “dean preferencia á fixación de prezos” para así terminar coa situación actual na que moitos produtores saen perdendo.

Ademais, no ámbito das infraestruturas, o Bloque ve necesario reverter “o escándalo” do “desmantelamento” do sector ferroviario no interior de Galicia e que afecta especialmente a Lugo. Por iso, o Bloque aposta por pór en marcha o ‘Galtren’, un servizo ferroviario de proximidade que “figura no Estatuto de Autonomía” e para o que “o único que se necesita é vontade política” de cara ao seu desenvolvemento.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...