InicioLugo e contornaLugoManuel Martínez insiste en xudializar a vida política de Lugo a pesar...

Manuel Martínez insiste en xudializar a vida política de Lugo a pesar dos fallos en contra da xustiza

Di que a residencia de Trabada, "a única" que está aberta de momento, e que desde o punto de vista xurídico é "totalmente ilegal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado non adscrito na Deputación de Lugo e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, insiste en politizar as residencias abertas pola Deputación de Lugo a pesar da recente setenza do xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Lugo que desestimou a petición do PP e do propio Martínez, de paralizar de forma inmediata a apertura das residencias de Pol e a Fonsagrada, que promove a Deputación de Lugo.

Así, este deputado continuou coa polémica que mantén co goberno provincial respecto da apertura de residencias de maiores, advertindo de que continuará presentando denuncias ante o xulgado e a Xunta polo impulso “ilegal” que planea o organismo presidido por Darío Campos

Neste sentido, sinalou o caso da residencia de Trabada, “a única” que está aberta de momento, e que desde o punto de vista xurídico é “totalmente ilegal”.  “Non ten o PIA, nin a Deputación, nin o Concello, o PIA teno SUPLUSA que era a única que a podía abrir. Non ten os protocolos de actuación dunha residencia normal, están a actuar con persoal contratado pola propia Deputación e ignorando o que se contratou aquí (a través de SUPLUSA) e non sabemos o que pode pasar”, precisou.

Martínez insistiu con que volverá presentar “denuncia no xulgado e ante a Xunta para que actúe contra estes ocupas das residencias”, aínda que non recorrerá o auto do Contencioso Administrativo que desestimou a paralización da apertura de Pol e A Fonsagrada.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...