InicioOpiniónDía 36 de corentena: que tempos aqueles!

Día 36 de corentena: que tempos aqueles!

O confinamento lémbrame moito a un deses domingos de inverno nos que te abandonas na casa desatendendo calquera tentación de acción produtiva para centrar a túa mente en cousas do pasado. E furgas nun caixón e... atopas cromos do Depor ou entradas de discotecas dos 90.

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. | Calquera tempo pasado foi mellor” ou “o pasado, písalo”? Supoño que ningunha destas frases feitas ten porque ser dogma de fé, e dependendo do momento e/ou das circunstancias persoais de cada un, tenderemos a escoller entre unha ou outra.

Estes días faime moita graza cando os meus pequenos, de 4 e 7 anos, din en modo retranca -alédame que a teñan xa incorporada- e referíndose a antes da corentena: “que bos tempos aqueles!”. Semella que arromeden aos vellos para referirse á época pre-corentena, hai 37 días, como se tivesen transcorrido anos e anos… Ou será que se lles está convertendo nunha eternidade? Seguramente.

Referíame ao comezo deste artigo que a corentena -non sei a vós- estame levando ao pasado. En momentos nos que desconecto da realidade informativa, e do presente vivencial entre catro paredes, dáme por ordenar cousas, revisar caixóns e facer inventario do “meu Dióxenes”. Neste entretemento tan particular estou facendo arqueoloxía emocional, cada obxecto atopado lévame a unha emoción, a experiencias vividas no pasado con gran satisfacción. A nostalxia remove conciencias, toca a fibra e incluso é un negocio, mirade se non para os creadores do fenómeno “Yo fui a EGB”.

Podes ler o artigo completo de X.M.F no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...